RESTAURANTE

O NOSO
RESTAURANTE

 

Xunto aos aloxamentos rurais atópase o restaurante onde o Chef Nacho Morao permite aos comensais repor forzas con produtos da nosa terra.

Todos os días hai un menú onde escoller entre catro primeiros e catro segundos pero tamén hai opción de elixir a carta.

 

RESTAURANTE
Teléfono: (34) 981 511 427

A nosa carta cumpre a normativa de alérxenos ademais de ofrecer gran variedade de pratos sen glute, vexetarianos ou veganos. Calquera prato que se desexe degustar póñase en contacto co restaurante que eles farán o posible para que o desfrute.

 

As súas especialidades son o chuletón de vaca, as filloas recheas de gambas e os arroces nas súas diferentes variedades. Por outro lado, tamén teñen a opción de pizzería con produtos frescos e de gran sabor.