SOBRE NÓS

null

A NOSA CASA

Acivro está formado por un conxunto de aloxamentos rurais que creceron no mesmo camiño de Santiago, para ser máis exactos no quilómetro 20,7.

Todo empezou nunha casa labrega do rural galego que coa chegada do XACOBEO 93 se converteu nunha casa rural para todos aqueles que precisaran un respiro no camiño para descansar e gozar da natureza.

Hoxe en día, conta con un conxunto de apartamentos creados no 1998 con todos os servizos necesarios para que os hóspedes se sintan coma na súa casa. A chegada máis recente é a da pensión rural en marzo de 2018 que conta con 8 habitacións para desfrutar do rural con un toque de modernismo.

Non debemos esquecernos do noso restaurante creado no 2003 xusto ao lado dos aloxamentos rurais que, xunto con eles, forman un entorno ideal para repoñer forzas.

null

O ACIVRO

O acivro é un arbusto moi presente no monte galego e actualmente atópase en perigo de extinción. Ten unha gran importancia ecolóxica e nas tradicións celtas.

 

O seu froito é alimento de moitos animais pero perigoso para o ser humano. No noso complexo pódense atopar varios por diferentes zonas. ¿Apúntaste a atopalos?